O Instituto Galego de Consumo celebrará unha nova xornada informativa sobre cláusulas chan na cidade de Pontevedra
20/Xan/2017
Pontevedra
As xornadas informativas sobre cláusulas chan impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria chegarán o vindeiro xoves, 26 de xaneiro de 2017, á cidade de Pontevedra, celebrándose no Salón de Actos da Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra, ás 19.00 horas.