O Instituto Galego de Consumo celebrará unha nova xornada informativa sobre cláusulas chan na localidade de Cariño
08/Mar/2017
Cariño
As xornadas informativas sobre cláusulas chan impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria chegarán o vindeiro mércores, 8 de marzo de 2017, á localidade de Cariño. Ditas xornadas celebraranse no Local Social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2 - Cariño) ás 19.30 horas.