O Instituto Galego de Consumo celebrará unha nova xornada informativa sobre cláusulas chan na localidade de Monforte de Lemos
22/Feb/2017
Monforte de Lemos
As xornadas informativas sobre cláusulas chan impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria chegarán o vindeiro mércores, 22 de febreiro de 2017, á localidade de Monforte de Lemos. Ditas xornadas celebraranse no Museo do Viño da Ribeira Sacra (Rúa Comercio 6, Monforte de Lemos) ás 20.30 horas.