O Instituto Galego de Consumo reforza as súas oficinas

14/Xuñ/2013

O Instituto Galego de Consumo reforza as súas oficinas co obxetivo de seguir atendendo a todos aqueles afectados pola compra de participacións preferentes e obrigas subordinadas.

Se vostede é un afectado, podera acudir a calquera das nosas oficinas de luns a venres, en horaria de 9 a 14 horas, e de 16 a 19 horas, para recabar información sobre:

-Os trámites da vía da arbitraxe

-As novas posibilidades da vía xudicial, que permite atender as demandas dos que foron vítimas dunha mala comercialización e non se beneficiaron da arbitraxe

-E todas aquelas dúbidas que poidan xurdir sobre os procesos de canxe, quita ou liquidez

Galería de imaxes