Santiago de Compostela, 5 de Maio de 2021.-

Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) pon en marcha o plan de formación 2021 para o persoal que realiza tarefas de control e investigación.

O plan,  se enmarca dentro da  Estratexia Dixital de Protección das Persoas Consumidoras 2020/2025 e segue as recomendacións da nova Axenda do consumidor da UE para ese mesmo período.

O novo perfil da persoa consumidora e á dinámica actual do mercado, sobre todo no relativo á súa dixitalización e sustentabilidade, fai que a administración encargada da protección das persoas consumidoras deba adaptar a súa maneira de actuar a esta nova realidade. Estas novas formas de mercado poñen sobre a mesa retos a superar e exixe novas capacidades e ferramentas ás autoridades de consumo e de maneira moi especial ás encargadas do control e a investigación do mercado, para que poidan realizar con éxito a supervisión que teñen encomendada.

As autoridades de consumo  son as encargadas de vixiar e afrontar numerosos desafíos, sobre todo no Ecommerce, dos que se enumeran a continuación algúns exemplos:

-Trazabilidade dos produtos.
-Identificación dos operadores económicos responsables.
-Aumento do número de operadores económicos establecidos fóra do territorio da UE que ofrecen produtos á venda en liña; isto inclúe as vendas directas ás persoas consumidoras o que conleva a dificultade de aplicación das normas sobre os produtos, enmarcadas na UE e das nacionais.
-Avaliacións de riscos ou probas de seguridade por falta de acceso físico aos produtos.
-Mostras dos produtos coas que realizar probas.
-Busca da eficacia no caso de infraccións á lexislación protectora dos intereses das persoas  consumidoras, cometidas ben en territorio nacional ou no ámbito transfronteirizo, ante casos onde o comerciante non está identificado ou infractores que intentan eludir a súa aplicación, trasladando a súa actividade a outros países da Unión Europea ou a terceiros países.

 

Por outra banda, a nivel Europeo, existe un elenco bastante amplo de directivas que inciden nos  novos retos aos que deben facer fronte as persoas consumidoras e as propias autoridades de investigación. A Comisión, como consecuencia da pandemia da covid-19, levará a cabo a análise e no seu caso revisión de determinadas directivas, tal é ó caso da Directiva sobre a compravenda de bens, e a Directiva relativa á seguridade xeral dos produtos, entre outras. Todas estas directivas constitúen novos retos aos que deben facer fronte o persoal de control e investigador.

O plan de formación do persoal investigador para o ano 2021 conta cun total de 86 horas e inclúe as seguintes actuacións:

1. Xornada sobre Marcado CE mascarillas EPI, o 6 de maio a cargo de técnicos do Laboratorio de Consumo de Galicia.

2. Cursos en colaboración coa EGAP (Escola Galega de Administración Pública)

-Vixilancia do mercado e etiquetado de alimentos: 12 horas en modalidade tele-presencial e presencial os días 12, 19 e 26 de maio.
-Contratos e obrigacións no ámbito de consumo: 12 horas en modalidade presencial os días 2, 9 e 16 de xuño.
-Comercio electrónico; a protección das persoas consumidoras: 12 horas en modalidade presencial, en outubro/novembro.

3. Cursos en colaboración co INAP (Instituto Nacional de Administración Pública)

-Avaliación do risco dos produtos de consumo: 12 horas en modalidade tele-presencial/presencial, o 2º semestre de 2021.
-Actualización normativa en materia de consumo: 12 horas en modalidade tele-presencial/presencial, o 2º semestre de 2021.
-A protección das persoas consumidoras no sector do automóbil e o transporte: 12 horas en modalidade tele-presencial/presencial, o 2º semestre de 2021.
-A protección das persoas consumidoras nos novos sistemas e medios de pago: 12 horas en modalidade tele-presencial-presencial, o 2º semestre de 2021.

 

Temática:
Outros