O Instituto Galego do Consumo e da Competencia intensifica as súas actividades formativas on line e de teleformación en colaboración coa Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus)
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) intensificou a formación on line, levando a cabo cursos sobre comercio electrónico, pubeicidade, finanzas e a protección das persoas consumidoras ante a covid-19, entre outros.
En aras de seguir ampliando a devandita formación das persoas consumidoras nos ámbitos de consumo máis transcendentais no actual contexto, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sseniors (Fegaus) asinan un convenio de colaboración para realizar de forma conxunta actuacións formativas sobre consumo responsable dirixidas especificamente ás persoas maiores.
A colaboración consiste na realización de 8 seminarios sobre diferentes temáticas de consumo responsable de interese para as persoas maiores, como consellos para mercar a través de internet, contrataO viaxes, a factura da luz e o bono social, a telefonía móbil así como os dereitos das persoas consumidoras e usuarias e a resolución de conflitos de consumo, entre outras.
Os seminarios impártense a través da plataforma de Fegaus, ágora canal sénior, nas seguintes modalidades: telepresencial (mediante a propia plataforma de teleformación de Fegaus) e online (na videoteca de Fegaus).
O IGCC a través da Escola Galega do Consumo deseña e elabora os contidos dos seminarios e imparte a formación nas modalidades anteriormente sinaladas.
Calquera persoa pode asistir a seminarios, que comezaron no mes de maio, solicitando a súa reserva de praza a través da plataforma de Fegaus, ágora canal sénior http://canalsenior.es/fegaus/.
Fegaus é unha federación sen ánimo de lucro constituída no ano 2008, que agrupa ás asociacións de alumnado e ex alumnado dos programas de maiores das tres universidades de galicia: “Asociación de Iv Ciclo” (USC: campus de Santiago e Lugo), “Asociación Aulas de Formación Aberta” (UVigo: campus de Vigo, Ourense e Pontevedra) e “Asociación de Universidade Sénior” (UDC: campus da Coruña e Ferrol).
Todas as actividades son en horario de 10:30 a 11:30:
- 21/05/2020 - compras a través de internet: coñece os teus dereitos como consumidor
- 28/05/2020 - información nas etiquetas dos alimentos
- 04/06/2020 - cómo poñer unha reclamación paso a paso
- 11/06/2020 - que che poden ofrecer os produtos e servizos financeiros?
- 18/06/2020 - todo o que tes que saber para preparar unha viaxe segura
- 25/06/2020 - publicidade en materia de consumo
- 02/07/2020 - consellos para aforrar na túa factura de luz
- 09/07/2020 - telefonía móbil e internet: contratos, tarifas e reclamacións
O IGCC e Fegaus son conscientes da importancia de que as persoas maiores sexan coñecedoras dos seus dereitos como persoas consumidoras. un mercado cada vez máis cambiante e tecnificado, a consolidación e o avance de novas formas de comercio e de contratación, como o comercio electrónico e as ventas a distancia, e a oferta cada vez máis variada de diferentes bens e servizos especificamente dirixidos ás persoas maiores, fan necesario difundir entre elas non só os dereitos que lle asisten como persoas consumidoras, senón tamén as diferentes vías para facelos valer.