A nova etiqueta enerxética entrou en vigor o 1 de marzo de 2021
Aparecen 5 categorías de eficiencia enerxética que van do A ao G e un código QR que proporcionará información do produto.
Inclúense novas obrigas ós fabricantes en relación coas pezas de recambio
Santiago de Compostela, 30 de Abril de 2021.-

A partir do un de marzo empezou a aplicarse a denominada etiqueta enerxética que busca axudar as persoas consumidoras a aforrar nas súas facturas de enerxía. Estas novas etiquetas aplicaranse nun principio a catro tipo de electrodomésticos: frigoríficos e conxeladores, lavalouzas, lavadoras  e televisores  e o  1 de setembro  haberá novas etiquetas para as lámpadas.

Na etiqueta haberá unha letra dentro da escala  de A ao G. As etiquetas incluirán varios elementos novos, como un enlace QR a unha base de datos para toda a Unión Europea que permitirá aos consumidores acceder a más información sobre o produto. A partir do 1 de marzo tamén están en vigor varias normas sobre deseño ecolóxico, en particular sobre a reparabilidade e a obriga de que os fabricantes sigan dispoñendo de pezas de recambio durante varios anos despois de que os produtos deixaran de comercializarse.

Nas novas etiquetas non só figura a clase de eficiencia enerxética, así no caso dunha lavadora, por exemplo, vese a simple vista o número de litros de auga por ciclo, a duración dun ciclo e o consumo de enerxía, medido todo iso para un programa normalizado.

A introdución dun código QR na parte superior dereita das novas etiquetas permite ás persoas consumidoras acceder a información adicional sobre o modelo de produto; por exemplo, datos relativos as dimensións, características específicas o resultados dos ensaios, dependendo do aparellos.

Ademais con esta normativa de etiquetado obrígase aos fabricantes e aos importadores a poñer a disposición dos reparadores profesionais unha serie de pezas esenciais (motores e “escobillas de motor”, bombas, amortecedores e resortes, tambores de lavadora, etc.) durante un mínimo de entre sete e dez anos despois da introdución no mercado da Unión da última unidade dun modelo. Tamén para os usuarios finais (é dicir, para os consumidores que non sexan reparadores profesionais, pero que prefiran reparar eles mesmos as cousas), os fabricantes deberán poñer a disposición determinadas pezas de recambio durante varios anos despois da saída dun produto do mercado: produtos tales como portas o bisagras e xuntas, que son axeitados para a bricolaxe. O prazo máximo de entrega para todas estas pezas será de quince días laborables despois do pedido.

Temática:
ProdutosElectrodomésticos