O Laboratorio de Consumo de Galicia analiza, como cada ano, os disfraces dos nenos que nestas datas están nas tendas con motivo desta data tradicional de novembro, para garantir que son seguros e que compren con tódalas especificacións de seguridade da normativa europea.
Santiago de Compostela, 28 de Outubro de 2020.-

O Laboratorio de Consumo de Galicia ven de finalizar a campaña analítica de disfraces de Samaín na que se analizaron diferentes produtos como tutús, diademas, perrucas, capas, etc. Nos ensaios se avaliaron tanto o etiquetaxe dos produtos como os requirimentos de seguridade para garantir que son seguros e que compren con todas as especificacións de seguridade da normativa europea.

Como outros anos, desde o Laboratorio de Consumo de IGCC facemos fincapé nas recomendación para un Samaín seguro

  • Os disfraces para nenos teñen a consideración de xoguete polo que han de cumprir os requisitos de seguridade que marca a normativa e incluír na súa etiqueta o marcado CE, a idade recomendada, as instrucións e advertencias na súa utilización así como o nome e marca do produto, razón social e dirección do fabricante ou importador.
  • As bolsas de plástico nas que se comercializan os disfraces ou complementos non deben ser moi finas para evitar que o neno poda asfixiarse ao manipulalas.
  • É recomendable elixir materiais non inflamables, e atender ás indicacións da etiquetaxe neste aspecto, así como manter aos nenos afastados de calquera fonte de calor intensa (estufas, bengalas). Moitos dos disfraces retirados do mercado cada ano o son por non cumprir as condicións de inflamabilidade.
  • Os traxes non deben levar cordóns na zona do pescozo nin botóns ou outros compoñentes perigosos que poidan provocar asfixia. Os bebés son especialmente susceptibles a este risco, pero os nenos maiores tamén poderían facerse dano. Tampouco se permiten cordóns, cintas, etc. que colguen por baixo dos bordos inferiores da peza.
  • As máscaras son un dos complementos máis perigosos para os nenos. Haberase de comprobar que os buracos para respirar en caretas e máscaras impermeables que cubran totalmente a cabeza sexan o suficientemente amplos, así como as aberturas destinadas aos ollos.
  • A pintura para a maquillaxe deberá ser adecuada e específica para a pel do neno, que non provoque alerxia ou irritacións. Para iso as pinturas deben ser non tóxicas e hipoalerxénicas, aínda que en todo caso probaremos antes a pintura na man ou o no brazo, pintando un anaco pequeno e observando a reacción. Ademais despois hai que quitar a maquillaxe adecuadamente.
  • Os disfraces que non sexan adecuados para nenos menores de tres anos deberán indicalo explicitamente a través dunha advertencia, símbolo de limitación 0-3 cunha indicación concreta na que se explique o risco específico que motiva a exclusión.
  • É necesario gardar a factura para realizar calquera reclamación posterior, así como preguntar ao vendedor se é posible devolver a adquisición.
Temática:
ProdutosXoguetes