O Laboratorio de Consumo de Galicia protagonista no programa “La Mañana” de TVE1
31/Out/2019
Santiago de Compostela
No programa realizou unha reportaxe sobre "os consellos da policía para gozar dun Halloween seguro" no que o Laboratorio de Consumo de Galicia mostra as súas instalacións e os riscos máis comúns asociados aos disfraces nesta época de Halloween.
Como cada ano por estas datas, o Laboratorio de Consumo atópase inmenso nunha actividade frenética para analizar os disfraces e accesorios relacionados con esta cada vez máis popular celebración. Na reportaxe móstranse os riscos máis comúns atopados nos produtos alertados e retirados do mercado como son a presenza de cordóns á altura do pescozo, a inflamabilidad de perrucas e téxtiles, entre outros.