O LCG anfitrión das reunións de normalización europeas en materia téxtil

24/Feb/2020
Santiago de Compostela
Membros do CEN TC 248 WG30 no LC

Nos días 19 e 20 deste mes de febreiro, celebráronse as reunións de traballo relacionadas co estudo de novas fibras téxtiles, a súa denominación e identificación; así como coa harmonización de métodos cuantitativos de análises.

O grupo de traballo europeo iniciou en 2014, tras a presentación do mandato da Comisión Europea 532 no Programa anual de traballo da Unión para a normalización europea (AUWP), o estudo sistemático de normas internacionais e métodos europeos co obxectivo de desenvolver normas harmonizadas para os métodos de análises de produtos téxtiles compostos de mesturas de fibras binarias e ternarias, de forma que se permita a súa referencia no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) en virtude do Regulamento (UE) non 1007/2011 relativo ás denominacións de fibras téxtiles e á etiquetaxe e marcado da composición en fibras dos produtos téxtiles.

Tras o prazo programado de 60 meses, concluíronse e publicado ou están en fase de publicación, as 27 normas harmonizadas desenvoltas que darán cumprimento ao traballo proxectado.

Por outra banda, o Laboratorio de Consumo de Galicia, brazo técnico do Instituto Gallego do Consumo e da Competencia, colabora na vangarda dos estudos sobre a denominación e identificación de novas fibras téxtiles no seo deste grupo de traballo.

Galería de imaxes