O programa OCIOCONSUMO do IGC achega a formación sobre consumo responsable ao alumnado dos campamentos de verán da fundación Eduardo Pondal
O Instituto Galego de Consumo a través da Escola Galega de Consumo, realizou o pasado venres unha sesión formativa dirixida a monitores de lecer, que se están a formar dentro da Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso (A Coruña).
A Fundación solicitou do IGC esta formación específica en distintas actividades de consumo responsable, entendendo que é determinante para o seu futuro profesional a introducción dos aspectos de consumo nas actividades que desenvolven tanto nos campamentos de verán como en outras propostas de lecer activo nas que desenvolven a súa actividade.
Estas actividades están en relación co programa LecerConsumo que está a desenvolver na época estival a Escola Galega de Consumo, e na que imparte formación en distintos ámbitos de consumo responsable dunha forma lúdica e dinámica, como corresponde a un ámbito extraescolar e de verán.
Estas actividades están destinadas fundamentalmente a menores que participan en campamentos de verán organizados por concellos de Galicia e tamén por outras entidades e asociación. As actividades con público adulto, dentro deste programa, son sempre a demanda das entidades organizadoras e cun programa persoalizado, como é o caso da formación de monitores de tempo libre.
Dentro deste contexto, a Fundación Eduardo Pondal, ten solicitado ao IGC unha colaboración permanente tanto para a escola de verán como en actividades que realizan ao longo do ano con todo tipo de colectivos e na que tamén colaboran os concellos vecinos. Neste sentido, o IGC e a Fundación están tramitando un acordó de colaboración que sirva de marco para o desenvolvemento destas acción futuras.
Rematada a sesión formativa, o alumnado, que avaliou a sesión de xeito moi favorable, deixounos esta foto para o noso arquivo.