Precaución: "Anéis do ánimo"
04/Ago/2017
Santiago de Compostela
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia, ante a comercialización dos produtos denominados "aneis do ánimo" (esferas que ao chiscar simulan o sonido dos petardos) lembra que todos os xoguetes deben poñerse á venda correctamente envasados e etiquetados.
Na etiqueta debe figurar:
- Nome do responsable do produto co enderezo completo.
- Marcado CE*
- Si é o caso, advertencia de idade coa indicación do risco asociado á advertencia.
- Instruccións de uso
- Outras advertencias de seguridade
*O marcado CE ten que estar respaldado por un expediente, a disposición da Administración, no que se xustifique o cumprimento de tódalas medidas de seguridade de xoguetes establecidas na norma UNE-EN 71