A Xunta analiza coa Federación galega Euroconsumo aspectos da futura Estratexia de protección das persoas consumidoras e usuarias

09/Feb/2026
A Estrada
Reunion asociacion

A Estrada (Pontevedra), 9 de febreiro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto coa xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa presidenta da Federación Galega Euroconsumo, Kim Llovet, e outros membros da entidade en relación coa nova Estratexia de protección das persoas consumidoras e usuarias. Este encontro enmárcase no proceso participativo e de escoita activa coas organizacións de persoas consumidoras e usuarias para lanzar a nova folla de ruta en correspondencia cos pasos que se están a dar a nivel europeo e nacional.

Neste sentido, súmase ás celebradas con representantes da Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Brétema e da Unión de Consumidores de Galicia. Tamén forma parte da colaboración da Xunta con estas entidades a prol da atención ás persoas consumidoras. Neste ámbito, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta con oficinas de atención presencial nas sete principais cidades galegas así como co teléfono de balde 900 23 11 23, que funciona de 9,00 a 14,00 h e de 17,00 a 19,00 h de luns a venres para ofrecer información e asesoramento en materia de consumo. 

Área temática

Galería de imaxes