A Xunta destaca a axilidade do sistema pioneiro de reclamación dixital en materia de consumo

29/Out/2025
Tui
A Xunta destaca a axilidade do sistema pioneiro de reclamación dixital en materia de consumo

Tui (Pontevedra), 28 de outubro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, visitou hoxe en Tui Abalorios MyR, un dos establecementos adheridos ao proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo a través de QR. Alí animou aos establecementos a adherirse a este sistema que pode ser solicitado no Instituto Galego do Consumo e da Competencia a través do enderezo igc.consumo [at] xunta.gal (igc[dot]consumo[at]xunta[dot]gal). Ademais, explicou que é unha iniciativa pioneira a nivel estatal que se está a estender por Galicia e que simplifica e axiliza o proceso de reclamación, ofrecendo aos negocios unha ferramenta dinámica de comunicación cos clientes. 

Esta actuación enmárcase no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, unha ambiciosa folla de ruta cunha dotación global 320 M€, composta por máis de 70 accións e que ten entre os seus fins o fomento da dixitalización no sector. O director xeral sinalou tamén que para dúbidas en materia de consumo, a cidadanía ten á súa disposición o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que conta con oficinas de atención presencial nas sete principais cidades galegas, así como o teléfono gratuíto 900 23 11 23, que funciona de 9,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 19,00 horas de luns a venres.

Área temática

Galería de imaxes