A Xunta lanza un boletín informativo sobre a actividade formativa do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que desenvolve a través da Escola Galega do Consumo

30/Out/2019
Santiago de Compostela
Boletín actividades EGC

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia lanza un boletín coa vontade de achegar á poboación galega en xeral, e aos principais colectivos interesados (centros educativos, asociacións de persoas consumidoras...) en particular, información actualizada sobre a  actividade formativa que desenvolve a través da Escola Galega do Consumo, así como outros contidos de interese relacionados co eido do consumo.

 

Nel recóllense os programas de formación permanente, Cores e Dálle luz á túa factura, así como as actividades estacionais previstas para este trimestre (InfoNadal Consumo) e as actividades que se ofrecen para diferentes colectivos (persoal docente, aulas universitarias sénior, aulas da Rede CeMIT...).

 

Pódese consultar e descargar o boletín en formato dixital AQUÍ

 

Para formular calquera dúbida ou cuestión sobre as actividades e a información recollidas no boletín, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999 075 e 881 999 091 ou a través do correo electrónico igc.escuela [at] xunta.es (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]es)

 

Área temática

Galería de imaxes