Santiago de Compostela, 20 de Decembro de 2019.-
Con motivo da chegada das festas de Nadal e do agasallo de xoguetes aos nenos e nenas nestas datas, a Xunta lembra a importancia de mercar xoguetes que sexan seguros. Para iso, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia recolle as inscricións que estes produtos deben levar de xeito visible, lexible e permanente e que se deben comprobar antes da súa compra e antes de que o neno ou nena os use.
Para consultar as inscricións que deben levar os xoguetes en termos de seguridade prema aquí.