A Xunta ofrece cinco cursos para o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; e das OMIX e OMIC
De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócanse cinco cursos para o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; e das OMIX e OMIC.
Participantes: Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (en diante, IGCC); da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves e das OMIX e OMIC.
Matrícula: desde as 8 horas do 18 de xaneiro ata as 23.55 horas do 29 de xaneiro en ">https://egap.xunta.gal/matricula
Actividades convocadas:
CV20004. Resolución de conflitos de consumo. A tramitación das súas reclamacións
CV20003. Comercio electrónico
CV20005. Consumo e finanzas
CV20006. Consumo e publicidade
CV20007. Consumo e xénero
Máis información no DOG do 17 de xaneiro.
Para formular calquera dúbida ou cuestión, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999 091 e 881 999 075 ou a través do correo electrónico igc.escuela [at] xunta.es (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]es)