A actividade realizouna o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, en colaboración coa Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña.
Santiago de Compostela, 16 de Outubro de 2019.-

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dentro da ampla oferta formativa  que desenvolve a través da Escola Galega do Consumo, desenvolveu onte, 15 de outubro de 2019, unha charla informativa participativa arredor do bono social eléctrico e a interpretación da factura. A actividade celebrouse no Sporting Club Casino da Coruña, entre as 18.00 e as 19.30 horas, en colaboración coa Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña.

 

Para obter información (ou solicitar) as actividades da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades) e, para formular calquera cuestión ou solicitar a inscrición, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999091 e 881 999075 ou a través do correo electrónico: igc.escuela@xunta.es.

Temática:
Outros