A Xunta promove a celebración dunha noite de Samaín sen riscos
28/Out/2019
Santiago de Compostela
Cada vez proliferan máis as celebracións de Samaín na noite de defuntos (a que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro) nas aldeas, vilas e cidades galegas. En moitas ocasións, úsanse para esas festas disfraces, maquillaxe e complementos “de medo”.
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia ofrece algúns consellos de seguridade á hora de mercar e usar estes produtos para celebrar un Samaín sen riscos. O cartel informativo pódese ampliar e descargar AQUÍ.