Por medio deste mecanismo, a entidade devolveu ata o de agora aos afectados máis de 200 millóns de euros
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salienta no Pleno do Parlamento que o IGC seguirá levando a cabo arbitraxes mentres a entidade acepte solicitudes
Subliña que esta vía, a que se acolleron a gran maioría dos afectados, foi apoiada polo Goberno galego reforzando o sistema arbitral con 23 árbitros dedicados especificamente
Santiago, 19 de Decembro de 2012.-

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe, durante unha intervención no Pleno do Parlamento Galego, que a Xunta de Galicia foi a primeira administración pública nacional que apostou pola arbitraxe como vía para solucionar o problema das preferentes. ?O Goberno galego fixo unha aposta clara pola arbitraxe de consumo, unha vía coa que fomos pioneiros en España e coa que moitos dos afectados xa recuperaron os seus aforros?, explicou, ?e que agora é acollida noutras comunidades autónomas cos mesmos problemas?.

Neste sentido, Conde resaltou que a arbitraxe configúrase como ?a vía máis áxil, rápida e totalmente de balde para os prexudicados?, e pola que xe teñen emitido xa 11.000 laudos que, coa mesma validez cunha sentencia xudicial firme, posibilitaron que ?11.000 aforradores galegos recuperen os seus aforros?, máis de 200 millóns de euros que tiñan bloqueados.

A vía da arbitraxe, levada a cabo pola Xunta Arbitral de Consumo de Galicia e a que se acolleron a gran maioría dos afectados, foi impulsada polo Goberno galego, que reforzou o sistema arbitral con 23 árbitros dedicados especificamente á reclamación de preferentes e subordinadas.

Así, e como lembrou Conde, Galicia foi ?a única comunidade que aprobou un plan de actuación específico? para atender aos afectados, establecendo un procedemento para tramitar as reclamacións que incluíu, a través do Instituto Galego de Consumo (IGC), a información aos prexudicados das distintas alternativas. Ademais, no seu momento reforzouse, tamén, a colaboración coa Fiscalía de Galicia, a que se lle remitiron máis de dous mil expedientes que posibilitaron unha demanda colectiva.

Por outra banda, o conselleiro sinalou que a arbitraxe de consumo é ?unha arbitraxe institucional, suxeita a unha regulación estatal específica?, que se configura como unha vía extraxudicial á que se someten as partes de maneira voluntaria. Así, explicou Conde, da mesma maneira que non se pode obrigar a ningunha das partes a seguir este procedemento, ?a Xunta non vai pechar o prazo para que as persoas afectadas poidan acollerse a arbitraxe, xa que non lle corresponde facelo?. Desta forma, o Instituto Galego de Consumo seguirá levando a cabo arbitraxes mentres a entidade acepte solicitudes.

Temática:
Serv. financeiros e segurosProdutos financeiros