En relación coa falta de subministro eléctrico producida o luns 28 de abril, desde a Xunta de Galicia lémbrase que para calquera dúbida ou para solicitar máis información, as persoas interesadas pódense dirixir aos servizos de consumo do Goberno autonómico a través de:
- A web consumo.xunta.gal.
- A través do teléfono gratuito 900 23 11 23.
- De modo presencial, a través das oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia das sete grandes cidades galegas.
En tanto non se determinan as causas deste incidente, recoméndase ás persoas consumidoras que sufriran algún dano a consecuencia do corte temporal do subministro eléctrico que revisen as coberturas das pólizas de seguro contratadas e conserven todas as facturas dos gastos provocados por esta interrupción para, chegado o caso, presentar a correspondente reclamación.