Acreditación ENAC

Prácticas profesionais no LCG

Laboratorio acreditado segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025

Dende o ano 2002 o Laboratorio de Consumo de Galicia ten a acreditación da Entidade Nacional de Acreditación, ENAC, en diversos ensaios de produtos téxtiles, artigos de puericultura e xoguetes segundo os criterios de aseguramento da calidade na realización de ensaios segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025. Esta acreditación representa o recoñecemento formal da competencia técnica do Laboratorio e a máxima fiabilidade nos seus resultados.

O mantemento desta acreditación require da existencia dun departamento de calidade no laboratorio que se encargue de comprobar que permanentemente estanse a cumprir tódalas especificacións referidas á cualificación do persoal, mantemento e calibración de equipos, control dos procedementos de traballo do laboratorio, tanto os referidos aos procedementos analíticos como de recepción de mostra, arquivo de documentos, emisións de informes e cuantos aspectos se refiran a actividade diaria.

 Este sistema de acreditación require a superación de diversos procesos de auditoría periodicamente programados. Así, ademais das auditorías internas que realizamos, cada 18 meses temos que superar unha auditoría de ENAC de seguimento, e cada 54 meses unha auditoría de re avaliación, que é o sistema máis esixente de control establecido por ENAC.

Galería de imaxes