O LCG, órgano técnico do Instituto Galego de Consumo, realiza análises de tipo físico, químico, eléctrico, electrónico e mecánico, así como a avaliación do marcado e da etiquetaxe, nos produtos que están a disposición das persoas consumidoras.
Estes produtos son recibidos a través de diversas canles:
- Campañas de control de mercado do IGC
- Reclamacións dos consumidores
- Inspeccións de oficio do IGC
- Denuncias ante as xuntas arbitrais de consumo
- Consultas realizadas por diferentes organismos
- Solicitudes de análises demandadas por entidades e particulares
- Solicitudes de análises demandadas por outras administracións
O LCG analiza anualmente máis de 600 artigos de consumo, realizando unha media de 8.000 análises ao ano
A competencia técnica do LCG, para o desenvolvemento deste análises, está avaliada grazas á acreditación de ENAC, Entidade Nacional de Acreditación, conforme á norma UNE-EN ISO/IEC 17025.