O LCG participa no desenvolvemento da normativa técnica, da metodoloxía de ensaio necesaria para dar cumprimento aos mandatos da Comisión Europea no que respecta á seguridade dos produtos. A colaboración na estandarización como ferramenta técnica da Comisión Europea é clave para levar á practica as políticas lexisladas na UE, e por ende no noso país.

O LCG é una entidade acreditada en diferentes comités de normalización que estudan as novas metodoloxías a aplicar para o análise de produtos de consumo, co fin de garantir a seguridade dos citados produtos postos no mercado á disposición das persoas consumidoras.

O LCG é membro de diversos comités e grupos de traballo:

Comité de Directivas relativas ás denominacións e etiquetaxe dos produtos téxtiles. Comité 77 da Comisión Europea;

Comité de adaptación ao progreso técnico da seguridade dos xoguetes. Comité 80 da Comisión Europea;

  • Grupo de Traballo de Control de Mercado, dependente do Instituto Nacional de Consumo;
  • Grupo de Traballo de Rede de Alerta, dependente do Instituto Nacional de Consumo;
  • Comisión Galega de Laboratorios de Ensaio e Control de Produtos Alimenticios, dependente da Consellería de Sanidade;
  • Comité Técnico de Normalización AEN/CTN 40/GT8 Téxtiles. Seguridade da roupa infantil;
  • Comité Técnico de Normalización AEN/CTN 40/SC1 Téxtiles. Solideces e medida da cor;
  • Comité Técnico de Normalización AEN/CTN 40/SC6 Téxtiles. Ensaios Químicos;
  • Comité Técnico de Normalización CTN 172/SC1 sobre seguridade de xoguetes;
  • Comité Técnico de Normalización Europeo CEN/TC 248/WG20. Téxtiles. Seguridade da roupa infantil. Constitúen este grupo 72 membros de 21 países e representantes da Comisión Europea, do JRC, Joint Research Centre, da UE, do CEN, Comité Europeo de Normalización, e de ANEC, The European consumer voice in standardisation;
  • Comité Técnico de Normalización Europeo CEN/TC 248/WG 34. Grupo Mixto de Traballo do comité CEN / TC 248 e o CEN / TC 252. Os riscos no entorno do soño. Constitúen este grupo 76 membros de 17 países e representantes da Comisión Europea, do JRC, Joint Research Centre, da UE, do CEN, Comité Europeo de Normalización, e de ANEC, The European consumer voice in standardisation;
  • Comité Técnico de Normalización Europeo CEN/TC 248/WG 30 Composición. Análisis cualitativo y cuantitativo de fibras y mezclas de fibras.

Por outra banda, en liña co Plan Galego 2015-2010 da Xunta de Galicia, búscase o fomento dun modelo de crecemento baseado na innovación, internacionalización e no capital humano; plan desenvolvido en base á estratexia de crecemento da Unión Europea, Europa 2020:“Unha estratexia para un crecemento intelixente, sostible e integrador”.

A experiencia previa do LCG en foros técnicos a nivel internacional, así como os traballos realizados en colaboración con laboratorios de ata 18 países é clave para consolidar a internacionalización do laboratorio.

No 2014 o LCG participou no WORKSHOP PROFICIENCY TESTING IN ANALYTICAL CHEMISTRY, MICROBIOLOGY AND LABORATORY MEDICINE, en Berlín, Alemaña e no 2015 participou no THE FIFTH INTERNATIONAL PROFICIENCY TESTING CONFERENCE en Timisoara, Rumanía.