O LCG forma parte do Instituto Galego de Consumo, que é a autoridade de vixiancia do mercado en Galicia, e que vela pola seguridade dos consumidores. En colaboración co corpo de inspectores da nosa comunidade autónoma programa campañas de control dos productos postos no mercado a disposición das persoas consumidoras. Tras o análisis practicados, elabora estimacións do risco conforme a normativa europea de aplicación.

O LCG é o departamento do IGC que realiza os informes de avaliación de riscos dos produtos que se comunican á rede de alerta nacional, sendo Galicia a Comunidade Autónoma que máis produtos inseguros introduce na dita rede de alerta.