Quero mercar por internet, en que debo fixarme para saber se a páxina é segura?

É importante que te fixes na información que ofrece a páxina web, que deberá conter:

  • Nome e denominación social.
  • Domicilio  social.
  • Teléfono de atención ao cliente ou calquera outro medio a través do cal o consumidor poida poñerse en contacto coa empresa.
  • Prezos de bens e servizos ofertados.
  • Cargos adicionais en relación ao envío do produto.
  • Condicións e formas de pago.

Outras consideracións a ter en conta son:

  • A URL da páxina web debe comezar por https://
  • Na barra de dirección aparecerá un cadeado, se está pechado ou se ilumina significa que se atopa nunha páxina segura. En ocasións, móstranse as palabras Secure Sockets Layer (SSL).
Área temática

Galería de imaxes