Un ano máis a Escola Galega de Consumo pon en marcha o programa InfoNadalConsumo (X edición), sobre información e formación en materia de consumo responsable pensado de xeito especial para a época do Nadal. Este ano leva por titulo “ Consumo responsable e seguro no Nadal”. Esta actividade terá lugar entre os días 15 de novembro e 31 de decembro de 2018, e no que está prevista a participación de máis de 1.500 persoas, principalmente alumnado dos centros educativos de Galicia, pero tamén, organizacións de consumidores e outras colectividades.
Coa chegada do Nadal cambian os hábitos de consumo e aumenta o gasto, non só cos agasallos de Nadal, senón tamén cos produtos de decoración e de alimentación propios destas datas.
Na X edición do programa InfoNadalConsumo, a Escola Galega de Consumo oferta catro charlas participativas diferentes:
1.- “Pídomo, Pídomo”( de 3 a 7 anos)
Esta actividade é para tomar conciencia de que os agasallos non teñen que ser sempre algo material e descubrir que existen outras opcións ademais dos produtos que publicítan as revistas e a televisión
2.- A escolla dos agasallos, que pido este ano? ( de 8 a 12 anos)
Actividade na que os nenos e nenas reflexionan sobre como inflúe a publicidade na elección dos agasallos e a importancia de coñecer as características reais dos produtos. O obxectivo é asesorar nas eleccións dos pequenos e pequenas e promover formas alternativas de lecer centradas nos amigos/as familia...
3.- Consumo no Nadal: publicidade e agasallos ( de 13 a 18 anos)
Actividade na que os rapaces e rapazas reflexionaran sobre como a publicidade inflúe nas nosas eleccións, centrándose especialmente nos agasallos de nadal. Promovendo uns criterios responsables na toma de decisión
4.- Consumo responsable no Nadal ( persoas adultas)
Actividade na que as persoas adultas reflexionarán sobre a cantidade e o tipo de produtos que soemos mercar nestas datas e como inflúe a publicidade neses factores, ofrecendo pautas de aforro e consumo responsable
As charlas participativas están dirixidas a todas as idades e o seu contido está especialmente adaptado ás necesidades propias dos grupos ao que van dirixidas, pois tamén nestas datas é moi importante que os máis pequenos aprendan a consumir dun xeito responsable.