Economía e Industria aposta pola vía da mediación e a arbitraxe para a resolución de conflictos no eido do consumo

12/Mar/2010
Vigo

A Consellería de Economía e Industria aposta por fomentar a


mediación e o arbitraxe como vías de resolución dos conflictos no eido do consumo. A


directora xeral de Comercio, Nava Castro, asegurou hoxe que a mediación entre


consumidores e empresas é una ferramenta fundamental para resolver problemas e garantir


á axilidade no funcionamento dos sistemas de protección dos dereitos dos consumidores .

Nava Castro fixo estas declaracións na inauguración do Rueiro do Consumo instalado no


Instituto Feiral de Vigo que o conselleiro de Economía e Industria visitará o luns con motivo


das accións conmemorativas do Día Internacional dos Dereitos das Persoas Consumidoras,


que se celebra o 15 de marzo.

A consellería que dirixe Javier Guerra está a reforzar todas as políticas de protección aos


dereitos dos consumidores, cun compromiso decidido por mellorar e profesionalizar os


sistemas de mediación entre consumidores e empresas para acadar unha resolución


extraxudicial dos conflictos no eido do consumo que sexa máis áxil, ao mesmo tempo que


tamén se mantén o compromiso de intensificar a arbitraxe como o paso seguinte a


mediación, por ter demostrado a súa utilidade como unha canle rápida e eficaz na resolución


de problemas.

Neste sentido, Nava Castro lembrou que dende o Instituto Galego de Consumo se están a


facer verdadeiros esforzos para reducir os tempos de espera de tramitación dos expedientes


de resolución arbitral, tendo en conta que se ten solucionado a ralentización no ritmo de


resolución de expedientes, afrontando a mediados de 2009 unha demora de case un ano.


Deste xeito, as solicitudes arbitrais resoltas ascenderon nun 7% no segundo trimestre de


2009 e continúan esta tendencia alcista.

Rueiro de Consumo


Deste xeito, Nava Castro fixo presente o compromiso da Consellería de Economía e


Industria cos consumidores galegos no Rueiro de Consumo que inaugurou no Ifevi, unha


infraestrutura didáctica que recrea nunha superficie de 1.000 metros cadrados unha rúa


calquera na que se poden atopar oficinas, tendas, entidades bancarias, unha vivenda, un cíber e outros exemplos máis para formar e sensibilizar tanto aos máis pequenos coma os


adultos da necesidade de aplicar aos nos hábitos un consumo responsable e consciente.

Esta iniciativa, que abre as accións con motivo do Día Internacional dos Dereitos das


Persoas Consumidoras, e que permanecerá no Ifevi ata o xoves 18 co obxectivo de chegar a


case 6.000 persoas, levará aos visitantes a un supermercado, a un cíber, a unha caixa de


aforros, a unha tenda de comercio xusto, a unha oficina de consumo, e a unha oficina de


arbitraxe e mediación cun obxectivo claramente didáctico que aporte ferramentas aos


cidadáns que os axuden a exercer un consumo responsable.

Todas as accións previstas nesta rúa imaxinaria estarán perfectamente diferenciadas para


chegar aos máis novos e aos adultos, destacando a presenza dun simulador de compras


para incidir na precisa seguridade coa que deben facerse todas as operacións electrónicas.


Este simulador de compras, que xa leva tempo operativo no Instituto Galego de Consumo,


verase complementado este meso ano coa posta en marcha dun simulador de compra de


viaxes a través da internet que será pioneiro en España, e que salienta a aposta pola


actualización continua en materia TIC por parte da Consellería de Economía e Industria.

Área temática

Galería de imaxes