Economía e Industria consolida e mellora os mecanismos de defensa dos consumidores da provincia de Pontevedra

02/Mai/2011
Pontevedra
Javier Guerra na sinatura do convenio coa Deputación de Pontevedra

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra


Fernández, e o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal,


formalizaron hoxe a sinatura do convenio de colaboración que permitirá seguir avanzando,


consolidando e mellorando o traballo que até o de agora xa viña realizando a primeira


Oficina Provincial de Información ao Consumidor (Opic) creada en Pontevedra co apoio da


Xunta o pasado ano.

Javier Guerra salientou que os obxectivos fundamentais deste novo convenio coinciden cun


dos compromisos prioritarios da Consellería de Economía e Industria: mellorar o servizo de


atención e información aos consumidores galegos dun xeito coordinado, e consolidar o


formación e difusión en materia de consumo. Así, explicou o conselleiro, “seguimos a


mellorar a rede provincial profesionalizada de información ao consumidor, coa Opic como


punta de lanza e coordinando o traballo das oficinas municipais de información ao


consumidor, impulsando a difusión da mediación e do sistema arbitral de consumo de


Galicia na provincia de Pontevedra e de diferentes accións de formación e educación en


materia de consumo”.

Na provincia de Pontevedra estanse a recibir nos dous últimos anos case un 30% das


reclamacións de consumo de Galicia, o que reflicte a importancia da colaboración


institucional para defender os intereses dos consumidores. Deste Xeito, o conselleiro


salientou que a Opic de Pontevedra constitúe na actualidade “un servizo consolidado que


contribúe de xeito moi positivo a reforzar os servizos de atención ao consumidor na provincia


de Pontevedra e na propia capital, posto que o Concello carece deste servizo”.

O acordo asinado hoxe entre a Consellería de Economía e Industria e a Deputación de


Pontevedra consolida, reforza e mellora o traballo da Opic co “asesoramento aos concellos,


en particular aos de menos de 5.000 habitantes, a atención directa aos consumidores, a


tramitación das reclamacións, o control do mercado e a detección de produtos inseguros, e a


promoción da resolución extraxudicial de conflitos, do fomento das organizacións de


consumidores e o impulso a creación de órganos de participación cidadá en materia de


consumo”.

A Deputación provincial de Pontevedra continuará exercendo labores de asesoramento e


colaborará co Instituto Galego de Consumo para sentar as bases dunha mellor atención ao


consumidor na Provincia de Pontevedra para avanzar na estratexia deseñada pola


Consellería de Economía e Industria “de redoblar os esforzos tendentes a acadar


mecanismos máis áxiles e eficaces de protección dos dereitos dos consumidores galegos”.

Javier Guerra lembrou que “a estratexia de fornecemento da política de protección ao


consumidor da Xunta de Galicia vai continuar contando cos esforzos da Consellería de


Economía e Industria, e plantexamos a consecución dun obxectivo máis ambicioso, como é


a aprobación da nova Lei de Protección do Consumidor de Galicia”.

O conselleiro adiantou que o novo texto legal no que se traballa apostará por potenciar a


axilidade e a eficacia que ofrecen as fórmulas habilitadas para a resolución extraxudicial dos


conflitos a través da mediación e a arbitraxe, “e por este motivo crearemos a figura do


mediador para tratar de evitar, como paso previo, chegar a un procedemento de arbitraxe,


introducindo un procedemento pioneiro para chegar a acordos”.

Javier Guerra avanzou que coa nova normativa “contribuirase a incrementar a seguridade


dos consumidores nos nosos mercados, garantirase a seguridade xurídica aos nosos


profesionais e empresarios, e axilizaranse os procedementos de solución de conflitos dos


consumidores, potenciando a mediación e a arbitraxe de consumo”.

“A nova Lei”, apuntou o conselleiro, “contemplará dous principios fundamentais, como son o


establecemento dun rigoroso sistema de dereitos que garanta a axeitada protección dos


consumidores, e a configuración de instrumentos legais e administrativos que permitan que


estes dereitos sexan efectivos”.

Área temática

Galería de imaxes