A Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Consumo advirte que estes disfraces e máscaras teñen risco de estrangulamento, asfixia e queimaduras
Con motivo da celebración da festa de Samaín, o Instituto Galego de Consumo lembra que deben estar etiquetados de tal xeito que conteñan a seguinte información: nome ou denominación comercial do produto, identificación da empresa que o comercializa a prohibición para menores de tres anos e marcado CE
Santiago, 30 de Outubro de 2009.-

O Instituto Galego de Consumo, organismo adscrito a
Consellería de Economía e Industria, ten detectado 16 disfraces e máscaras susceptibles de
producir queimaduras, asfixia ou estrangulamento, que xa foron introducidas na rede
nacional de produtos non alimenticios perigosos para o consumidor. Neste listado cómpre
prestar unha maior atención aos disfraces para os rapaces como o de gladiador da marca
Rubie´s (modelo nº 882800) (talla 5-7 años), incluído por risco estrangulamento; o traxe de
Papá Noel Infantil da marca Reila (modelo 49265121), por queimaduras e asfixia; o disfraz
de Brancaneves da marca Boys Toys (talla 2 a 4 años), por estrangulamento; de paiaso da
marca Boys Toys (talla 0-6 meses), por estrangulamento, e o disfraz modelo Clown Hoop
Chica (T2. 702676 ,88386) (tallas 7 a 10 años), por estrangulamento .

Ademais, tamén foron introducidos nesta rede de alerta a máscara Branca (373/09) por
queimaduras; a mascara de demo (372/2009), por queimaduras; o disfraz de coelliña de
marca Mafisa (art. nº 238), por estrangulamento e asfixia; o traxe de pitiño de marca
Creacións Llopis (ref 2013 y 20000), por queimaduras; o disfraz de león da marca Profisa
(ref. 91.107), por estrangulamento; a barba branca (item nº 2238, ref. 11689), por
queimaduras; o antifaz con plumas (ref. 11682), por queimaduras e asfixia; a perruca para
festas (modelo CBH-007), por queimaduras; a perruca negra da marca Ángela (modelo BD-
001 P103), por queimaduras, e o disfraz de Oso Polar da marca Creacións Llopis (refs. 2009
y 20000), por queimaduras.

De cara a celebración da festa do Samaín, este sábado, o Instituto Galego de Consumo
quere recordar aos pais que cos disfraces destinados aos nenos pequenos (6 anos e 11
meses) débese ter coidado de que na zona da cabeza e do pescozo non haxa cordas
axustables, cordóns funcionais ou decorativos ao estar prohibida a súa presenza.

Asemade, as máscaras fabricadas cun material impermeable deberán dispor dun área de
ventilación, como mínimo de 1.300 milímetros cadrados. Esta área pode distribuírse nun só
orificio (por exemplo: boca) ou en varios separados (ollos); neste caso, a separación debe
ser alomenos de 150 mm.

Con motivo da celebración da festa de Samaín, e ante a compra, de caretas, máscaras
(estas son as que cobren totalmente a cabeza), perrucas e disfraces, o Instituto Galego de
Consumo, ao fin de que os consumidores estén perfectamente informados á hora de mercar
ditos produtos, lembra que deben estar etiquetados de tal xeito que conteñan a seguinte
información: nome ou denominación comercial do produto, identificación da empresa que o
comercializa (enderezo), país de procedencia, marcas e indicacións de uso, símbolo gráfico
no que se indique a prohibición para menores de tres anos e marcado CE; unha información
que debe estar, como mínimo, no idioma castelán.

Ademais, no caso de que se merquen xoguetes que sexan unha imitación de máscaras e
cascos de protección, deberán levar a seguinte lenda: "¡ADVERTENCIA! Isto é un xoguete.
Non proporciona protección". Do mesmo xeito, o IGC lembra aos consumidores que á hora
de mercar todos estes produtos debe solicitarse sempre o tíquet de compra.

Neste sentido, é preciso recordar que Galicia é pioneira en materia de avaliación e análise
de riscos de produtos industriais por ser a única autonomía do Estado que conta cun
laboratorio acreditado que, ademais de analizar os potenciais perigos dos artigos enviados
por particulares ou procedentes das reclamacións efectuadas, investiga as mostras que lle
envía a Inspección de consumo para avaliar se os produtos cumpren os requisitos esenciais
de seguridade.

O LCG analiza e controla os produtos industriais, agrupados nas seguintes liñas de
actuación: lixivias e artigos de limpeza, electrónicos, fibras e téxtiles, material de aparatos
eléctricos e pequeno electrodoméstico, xoguetes e material escolar e artigos de puericultura.
En definitiva, o traballo realizado polos especialistas do Laboratorio de Consumo de Galicia
ten por obxectivo reducir os riscos dos consumidores ao máximo, xa que en ocasións
resulta inviable para un potencial comprador diferenciar con exactitude un artigo perigoso do
que non o é.

Asemade, o LCG da resposta a consultas nas materias da súa competencia, tanto a outros
departamentos do IGC como a particulares, empresas ou outras administracións, e participa
tamén nas tarefas de formación e divulgación en materia de consumo promovidas polo IGC.

 

Temática:
Outros