Economía e Industria mobiliza 1,3 millóns de euros para impulsar a protección do consumidor a través da mediación e arbitraxe

19/Xuñ/2010
Santiago
A directora xeral de Comercio e a xerente do IGC, compareceron en rolda de prensa para dar conta das actividades no 2009

A Consellería de Economía e Industria está a impulsar


dende o ano 2009 a mediación e a arbitraxe como mellores fórmulas de resolución de


conflitos entre consumidores e empresarios, tal e como sinalou hoxe a directora xeral de


Comercio, Nava Castro Domínguez. No actual contexto de crise económica, faise


imprescindible tratar de que o recurso á potestade sancionadora sexa o último recurso como


forma de corrección do mercado, polo que se potenciará a mediación e a arbitraxe para


diminuir a conflitividade , explicou.

Para lograr este obxectivo, a Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra


está a mobilizar 1,3 millóns de euros en políticas de protección ao consumidor a través do


necesario impulso da mediación e da arbitraxe. A directora xeral de Comercio destacou que


dende o ano 2009, o Instituto Galego de Consumo, dependente do departamento de


Economía e Industria, foi capaz de axilizar os procesos arbitrais, que estaban colapsados


nos últimos anos, con retrasos de ata dous anos para a resolución de solicitudes.

No ano 2009 presentáronse 10.843 solicitudes arbitrais, o que supón un incremento de máis


do 80% a respecto dos datos do ano 2008, e cóntase xa cun total de 9.314 empresas e


profesionais adheridos á Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, organismo que no ano 2009


ditou 1.771 laudos, que supoñen un descenso do 11% con relación aos ditados no ano 2008.


Este dato debe ser interpretado de xeito favorable, posto que un 12% máis das reclamacións


foron resoltas pola vía da mediación, previa ao ditame laudatorio.

Durante o acto de presentación do balance de actividade do IGC celebrado hoxe en


Santiago, e no que tamén participou a xerente deste organismo, Mª Jesús Muñoz Chesa,


Nava Castro adiantou que a Consellería investirá un total de 300.000 euros nun programa de


choque da arbitraxe co obxectivo de incrementar nun mínimo dun 35% o número de


resolucións arbitrais en 2010 e de potenciar as arbitraxes priorizando os sectores onde máis


reclamacións existen, como é o caso das telecomunicacións.

Neste sentido, explicou que os sectores máis reticentes a aceptar a vía arbitral para resolver


a reclamación presentada polos consumidores destacan os relativos ao transporte aéreo, as


compañías de seguros, a venda e reparación de automóbil, as axencias de viaxe, a venda


de informática e electrónica ou as tendas de roupa, confección e pel.

En canto á mediación, Nava Castro anunciou que se prevé investir 400.000 euros para


potenciar a mediación e acurtar os tempos de resolución por esta vía. Deste xeito, agárdase


que o tempo de espera poida pasar dos 60 días de media que hai actualmente ata os 30


días. A través desta medida preténdese potenciar as asociacións de consumidores e as


entidades locais como axentes mediadores, establecendo convenios específicos, así como


impulsar esta vía de resolución de conflitos entre determinados sectores, onde se lle


prestará especial atención a sectores sensibles coma o das telecomunicacións, o transporte


aéreo e a vivenda.

Máis medidas


Así mesmo, a Consellería de Economía e Industria xa puxo en marcha un novo plan de


financiamento das asociacións e federacións de consumidores de Galicia, que dota con


605.000 euros a estes colectivos co obxectivo de impulsar a mediación como fórmula de


resolución de conflitos naqueles sectores considerados clave no marco do diálogo cos


representantes dos consumidores a través da creación, por primeira vez en Galicia, de 6


observatorios de ámbito autonómico.

Todos estes colectivos, de ámbito autonómico, contarán a partires de agora con


financiamento autonómico para facelos partícipes, no marco dunha estratexia consensuada


coas federacións e as asociacións, dos obxectivos prioritarios que ten a Consellería de


Economía e Industria como son a defensa dos dereitos do consumidor, a resolución áxil das


reclamacións a través da vía da mediación, e a potenciación e profesionalización dos


colectivos de consumidores en Galicia.

O Instituto Galego de Consumo tamén puxo en marcha accións relacionadas coa educación


financeira, traballa na normativa sectorial propia e reforzou o teléfono gratuíto do consumidor


900 23 11 23. Así mesmo, tamén se lle prestará especial atención ao pequeno comercio é á


formación de árbitros de consumo, co obxectivo de incrementar a interlocución con este


sector, potenciar a mediación nas reclamacións e colaborar na transparencia e no


funcionamento do mercado.

Por último, a directora xeral de Comercio destacou que o número de consultas atendidas


polo IGC ao longo do ano 2009 aumentou en máis dun 28% en relación co ano 2008, cun


total de 33.277 solicitudes de información formuladas polos consumidores, ben


persoalmente, ben a través do teléfono ou da páxina web deste organismo. Por sectores, o


de servizos é o que acapara a maior parte das consultas, cun 75,6%, seguido do industrial e


mais da alimentación. Como en anos anteriores, o sector das telecomunicacións continúa a


ser o primeiro motivo de consulta por parte dos consumidores, xa que case unha de cada


catro consultas ten que ver coa prestación destes servizos, seguido do sector de


electricidade e gas, e mais da venda e reparación de electrodomésticos e equipos


informáticos.

Área temática

Galería de imaxes