Javier Guerra adianta que a Xunta xa ten avanzado o anteproxecto de lei de protección do consumidor que creará a figura do mediador para axilizar a resolución de conflictos

18/Xan/2011
Santiago
Javier Guerra durante a súa comparecencia ante os medios

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra,


avanzou hoxe en Santiago que o Goberno da Xunta, “na procura de avanzar nas políticas de


protección ao consumidor a través de iniciativas concretas que supoñen un avance


significativo no exercizo activo dos dereitos das persoas consumidoras, vai seguir


desenvolvendo no ano 2011 unha estratexia encamiñada a facer máis áxiles e eficaces os


mecanismos de protección da cidadanía coa aprobación dunha nova Lei de Protección do


Consumidor de Galicia, que se sumará ao Plan de Choque de Arbitraxe de Consumo”.

Javier Guerra apuntou ante os medios de comunicación que “a estratexia de fornecemento


da política de protección ao consumidor da Xunta de Galicia vai continuar contando cos


esforzos da Consellería de Economía e Industria, e plantexamos a consecución dun


obxectivo máis ambicioso, como é a aprobación da nova Lei de Protección do Consumidor


de Galicia”.

O conselleiro adiantou que o novo texto legal no que se traballa apostará por potenciar a


axilidade e a eficacia que ofrecen as fórmulas habilitadas para a resolución extraxudicial dos


conflitos a través da mediación e a arbitraxe, “e por este motivo crearemos a figura do


mediador para tratar de evitar, como paso previo, chegar a un procedemento de arbitraxe,


introducindo un procedemento pioneiro para chegar a acordos”.

Javier Guerra avanzou que coa nova normativa “contribuirase a incrementar a seguridade


dos consumidores nos nosos mercados, garantirase a seguridade xurídica aos nosos


profesionais e empresarios, e axilizaranse os procedementos de solución de conflitos dos


consumidores, potenciando a mediación e a arbitraxe de consumo”.

“A nova Lei”, apuntou o conselleiro, “contemplará dous principios fundamentais, como son o


establecemento dun rigoroso sistema de dereitos que garanta a axeitada protección dosconsumidores, e a configuración de instrumentos legais e administrativos que permitan que


estes dereitos sexan efectivos”.

Obxectivos cumpridos


O conselleiro de Economía e Industria quixo salientar tamén ante os medios de


comunicación que o traballo da Xunta de Galicia en beneficio dos consumidores xa se iniciou


co Plan de Choque de Arbitraxe de Consumo posto en marcha polo seu departamento a


través do Instituto Galego de Consumo, e que acadou un incremento do 217% no número de


laudos arbitrais ditados.

O traballo do Instituto Galego de Consumo e as cifras acadadas “implican a superación, con


creces, do obxectivo marcado de incrementar nun 35% o número de laudos arbitrais,


mantendo ademais a estabilidade no número de reclamacións, que apenas se viu


incrementado no primeiro semestre do ano, evitando que estes conflitos menores acaben na


xustiza ordinaria”.

Estes datos acadáronse, explicou o conselleiro, “grazas á potenciación de arbitraxes


unipersoais e por grupos de empresas e materias, priorizando sectores como o das


telecomunicacións, implicando ás tres universidades galegas na xestión da arbitraxe e


aumentando o número de audiencias arbitrais a unha media de tres semanais nas sete


sedes do IGC, por riba da audiencia semanal anterior do sistema herdado”.

O esforzo e a estratexia da Consellería de Economía e Industria na posta en marcha do Plan


de Choque de Arbitraxe de Consumo 2010 conqueriu tamén unha notable redución dos


tempos de resolución dos conflitos extraxudiciais entre consumidores e empresas, moi por


debaixo dos atascos de até dous anos herdados, un tempo incompatible con este sistema


áxil e extraxudicial de resolución de conflitos.

 

Área temática

Galería de imaxes