Javier Guerra anuncia a creación de 6 observatorios de consumo en sectores clave para os cidadáns galegos

11/Xuñ/2010
Santiago
O conselleiro de Economía e Industria presentou hoxe en Santiago o novo plan de financiamento

O conselleiro de Economía e Industria presentou


hoxe en Santiago o novo plan de financiamento das asociacións e federacións de


consumidores de Galicia, que dota con 605.000 euros, un 27% máis que no pasado


exercizo, a estes colectivos co obxectivo de impulsar a mediación como fórmula de


resolución de conflitos naqueles sectores considerados clave no marco do diálogo cos


representantes dos consumidores a través da creación de 6 observatorios de ámbito


autonómico.

Javier Guerra escenificou o novo modelo de financiamento coa sinatura de sete


convenios coa Federación Galega de Asociacións de Amas de casa, Consumidores e


Usuarios Brétema, a Federación Galega de Euroconsumo, a Federación de Usuarios e


Consumidores Independentes de Galicia (Fuciga), e a Asociación de Usuarios de Bancas,


Caixas e Seguros de Galicia (Adicae), a Unión de Consumidores de Galicia (Ucegal), a


Asociación de Consumidores e Usuarios en Marcha (Conumar), e a Agrupación de


Consumidores e Usuarios Asociados (Acua).

Todos estes colectivos, de ámbito autonómico, contarán a partires de agora con


financiamento autonómico para facelos partícipes, no marco dunha estratexia


consensuada coas federacións e as asociacións, dos obxectivos prioritarios que ten a


Consellería de Economía e Industria, que son defender os dereitos do consumidor, a


resolución áxil das reclamacións a través da vía da mediación, e a potenciación e


profesionalización dos colectivos de consumidores en Galicia .

A sinatura destes convenios, explicou o conselleiro, permitirá a posta en marcha de


observatorios de ámbito autonómico que atenderán reclamacións sectoriais de todos osconsumidores galegos naqueles eidos que se consideraron clave no diálogo cos


consumidores. Deste xeito, o acordo coas tres federacións impulsará a creación do


observatorio de prezos e de talleres de reparacións de vehículos coa Federación


Brétema, a creación do observatorio sobre concursos e premios coa Federación


Eurocnsumo, e a creación do observatorio sobre o transporte aéreo coa Federación


Fuciga , apuntou Javier Guerra.

Os convenios asinados coas asociacións permitirán, pola súa banda, a creación do


observatorio sobre produtos e servizos financieiros con Adicae, a creación do


observatorio sobre garantías con Ucegal, a creación do observatorio sobre o crédito


hipotecario e servizos de intermediación de crédito con Acua, e potenciar a protección do


consumidor na provincia de Lugo mediante a apertura de oficinas de atención ao público


en Monforte e Barreiros por parte de Conumar.

O conselleiro de Economía e Industria apuntou que o novo plan de financiamento que


deriva na sinatura destes convenios e a creación dos observatorios da man das


federacións e das asociacións é froito do traballo consensuado cos colectivos de


consumidores, e da necesidade de articular un traballo coordinado para lograr que as


actuacións encamiñadas á defensa dos consumidores galegos acaden a repercusión que


precisan e os cidadáns perciban os seus beneficios, ademais de racionalizar o


investimento e avanzar na profesionalización e potenciación destes colectivos .

Javier Guerra salientou que a creación dos observatorios permitirá axilizar a xestión das


reclamacións sectoriais que máis preocupan aos cidadáns galegos potenciando a


mediación a través dunhas federacións e asociacións con representatividade autonómica


e presenza en moitas cidades e vilas de Galicia, o que permitirá tamén desconxestionar


o labor que leva a cabo o Instituto Galego de Consumo, que o pasado ano resolveu un


28% máis de consultas e un 21% máis de reclamacións.

Ademais dos convenios, o novo plan de financiamento da Consellería de Economía e


Industria mantén as axudas para gastos correntes e proxectos por parte das asociacións


de ámbito menor, que tamén terán o respaldo do Goberno da Xunta para avanzar na


idea de que a mellor protección para o consumidor, alcánzanse a través da autodefensa


organizada , segundo sinalou Javier Guerra.

Área temática

Galería de imaxes