O alumnado do CEIP do Pindo, de Carnota, visita as instalacións do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

07/Nov/2019
Santiago de Compostela

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) recibiu hoxe, 7 de novembro de 2019, a visita dos alumnos e alumnas de educación infantil e educación primaria do CEIP do Pindo, de Carnota. A través da Escola Galega do Consumo,  desenvolvéronse varios obradoiros do Programa Cores sobre consumo responsable. Estes trataron sobre consumo responsable no supermercado, aprendendo a ler etiquetas e a pirámide dos alimentos.

 O Programa Cores é un programa de formación permanente que se desenvolve ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras.

 

Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores) e, para formular calquera cuestión ou solicitar a inscrición, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999075 e 881 999091 ou a través do correo electrónico: igc.escuela [at] xunta.es (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]es).

Área temática

Galería de imaxes