O Colexio Maristas de Ourense acolle varios obradoiros do Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre consumo responsable no Nadal
O Colexio Maristas de Ourense recibiu hoxe a visita da Escola Galega do Consumo, do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), que desenvolveu varios obradoiros do seu programa InfoNadal Consumo cos nenos e nenas de educación infantil do centro.
No período de Nadal aumenta o nivel de consumo con motivo das celebracións propias destas datas e da compra de agasallos. Para promover a reflexión sobre os hábitos de consumo e fomentar un consumo responsable, a Escola Galega do Consumo ofrece cada ano o programa InfoNadal Consumo, que abrangue tanto actuacións formativas, que se desenvolven en asociacións e centros escolares, como unha campaña de seguridade de xoguetes e produtos de decoración. Pódese obter máis información sobre InfoNadal Consumo na seguinte ligazón: https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/infonadalconsumo
Para formular calquera cuestión pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999075 e 881 999091 ou a través do correo electrónico: igc.escuela [at] xunta.es (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]es).