Javier Guerra adianta que a lei galega de protección xeral das persoas consumidoras fara eficaz o exercicio dos seus dereitos

O conselleiro de Economía e Industria inaugura o Rueiro de Consumo no Día Mundial dos Consumidores

14/Mar/2011
Santiago

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra,


adiantou hoxe que a nova Lei Galega de Protección Xeral das Persoas Consumidoras ten


sido elaborada polo Instituto Galego de Consumo co obxectivo de “facer eficaz o exercicio


dos dereitos dos consumidores”.


Guerra fixo estas declaracións na inauguración do Rueiro de Consumo habilitado para


achegar as prácticas de consumo responsable aos galegos, en conmemoración do Día


Mundial dos Dereitos do Consumidor. O titular de Economía e Industria destacou nesta


xornada o compromiso da Xunta neste eido e explicou que “a nova lei parte dun amplo


consenso, enfocado a modernizar, tras 27 anos, o marco legal vixente”.


Deste xeito, a Xunta de Galicia quere lograr un maior nivel de protección do consumidor,


contribuíndo a mellorar a transparencia, a seguridade e a competitividade do mercado. Ao


amparo desta Lei, crease a figura do mediador en consumo, encargada de achegar ás


partes en conflito e propiciar acordos.


Guerra explicou que “a potenciación da mediación e a arbitraxe vén sendo unha prioridade


para o Goberno galego, desde o comezo da lexislatura, e agora toma forma definitiva no


texto da nova Lei”. Neste sentido, cómpre sinalar que o Instituto Galego de Consumo dedica


unha especial atención e recursos á mellora dos procedementos de solución das demandas


dos consumidores, convertendo a mediación nun paso obrigado para resolver as


reclamacións e, só cando esta non é satisfactoria, recórrese á arbitraxe, deixando sempre


para último termo outros procedementos máis custosos e longos.


No ano 2010 , alcanzáronse 3.500 acordos amigables mediante a mediación e 4.302 grazas


á arbitraxe, o que supón que 7.802 casos non chegaron ao ámbito xudicial, evitando a


retardación e o gasto asociados a eses procedementos.


Ademais, a lei establecerá o prazo dun mes para que a empresa aclare se quere acollerse a


algunha das dúas vías expostas de resolución de conflitos, ante a presentación dunha


reclamación. De modo que se acurtan considerablemente os tempos de espera e


tramitación.

Por outra banda, Guerra sinalou que “o texto elaborouse coa intención de habilitar


mecanismos efectivos para mellorar a atención prestada ás persoas consumidoras”. De xeito


que, no caso de servizos básicos e contratacións en masa, obrigarase ás empresas a crear


oficinas físicas e a pór teléfonos totalmente gratuítos a disposición dos consumidores, para


que esta atención sexa personalizada.


Ademais, a formación e educación dos consumidores ten un tratamento destacado, coa


creación da nova Rede Galega de Educación para un Consumo Responsable, que contará


con todas as colectividades e a comunidade educativa, con especial atención aos nenos,


maiores e persoas en risco de exclusión social.


No que a seguridade se refire, a lei tamén contempla a creación dunha Rede de Alerta


Galega, que conte coa participación de todos os axentes implicados e cun réxime


sancionador completo, que non existía na regulación anterior, considerando como un


elemento esencial a reparación e satisfacción ao consumidor cando ven conculcados os


seus dereitos.


Rueiro de Consumo


Javier Guerra quixo dar a coñecer as novidades da nova lexislación no “Rueiro do


Consumo”, unha actividade de formación e sensibilización cara un consumo responsable,


así como para achegar as distintas ofertas da Escola Galega de Consumo no ámbito da


educación.


Neste espazo, que simula unha rúa, atópanse distintos stands que se complementan cunha


exposición de produtos retirados do mercado por problemas de seguridade e exposicións de


artesanía galega e produtos de Galicia Calidade, que poderán visitarse do 11 ao 15 de


marzo.


Ademais, este ano como novidade presentouse o “Dálle a volta”, un material didáctico


consistente nun libro-álbum en soporte dixital no que se aborda, a xeito de contraexemplo,


os hábitos consumistas dunha nena, fomentados, en grande medida polo seu ámbito social.


O material está deseñado para ser impartido no segundo ciclo de Educación Infantil,


podendo mesmo empregarse no 1º ciclo de Educación Primaria. O libro completase cunha


guía didáctica adicada ao profesorado. Esta publicación estará dispoñible desde a


Mediateca da Escola Galega de Consumo na web: www.igc.xunta.es, e dentro das


actividades do Rueiro, repartiranse 100 exemplares de maneira gratuíta.

Área temática

Galería de imaxes