Todos os establecementos teñen a obriga de dispoñer de follas de reclamacións e recomenda que en caso de conflito tente arranxalo no propio establecemento o se dirixa a una asociación de consumidores o a unha OMIC.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, o periodo de rebaixas de verán comeza o 1 de xullo e remata o 30 de setembro, ambos os dous inclusive.

Son vendas en rebaixas aquelas realizadas polos comerciantes a prezos inferiores aos habituais, acompañadas de publicidade, nas que se terá que expresar claramente o seu período de vixencia, que deberá ser superior a unha semana e inferior ou igual a dous meses.

Qué debemos coñecer das rebaixas?

- As datas de comezo e finalización das rebaixas deben estar publicitadas nun lugar do establecemento visible para os consumidores.

- Non se poden vender como rebaixados productos que non fosen comercializados a prezo ordinario como mínimo un mes antes do inicio das rebaixas. Tampouco os artigos cuxo valor diminuíra por deterioro, que unicamente poden anunciarse como saldos.

- Se a rebaixa non afecta a todos os productos do establecemento, os artigos rebaixados deben estar claramente diferenciados dos que non o están.

- O prezo de cada producto debe indicar de forma clara o prezo anterior e o prezo rebaixado ou noutro caso, o prezo anterior e a porcentaxe de redución.

- Os artigos expostos nos escaparates deben ter indicados os seus prezos, de modo que sexan visibles dende o exterior.

- Se no establecemento teñen exposta publicidade relativa a admisión de tarxetas como medio de pago, estarán obrigados a admitilas tamén en periodo de rebaixas.

- Debe esixirse sempre o ticket ou a factura de compra, que se conservará ante posibles reclamacións.

- O establecemento estarán obrigados a aceptar o cambio ou devolución dos artigos vendidos cando así o publiciten ou o fagan constar nos tickets de compra.

- Non obstante o anterior, cando un producto sexa defectuoso, o establecemento ten a obriga de reparalo, substituilo ou en último suposto, devolver os cartos de acordo coa normativa de garantias.

Cómo podemos reclamar?

Ao igual que fora do periodo de rebaixas, se consideramos vulnerados os nosos dereitos debemos solicitar unha folla de reclamación no propio establecemento, gardar o ticket ou xustificante de compra e calquera outro documento que se considere relevante e presentar a correspondente reclamación ante as oficinas do IGC, as Oficinas Municipales de Consumo (OMIC) ou Asociacións de Consumidores.

Temática:
Outros