A día de hoxe o sector do comercio electrónico está en pleno auxe. As compras en liña convertéronse en algo habitual na vida das persoas consumidoras, e sobre todo, dende a pandemia. O confinamento e a posterior redución do aforo nas tendas físicas fixo que cada vez máis persoas realicen as súas compras a través da rede.
Por este motivo, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia a través da Escola Galega de Consumo e en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, está impartindo un curso de teleformación sobre o Comercio Electrónico, dende o 14 de setembro ata o 20 de outubro.
Os obxectivos desta acción formativa son que as persoas participantes adquiran os coñecementos básicos sobre consumo e seguridade na rede e que coñezan os dereitos básicos das persoas consumidoras nunha relación de consumo, complementándoos cos dereitos e garantías específicas no comercio electrónico.
Nel está participando persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves e das OMIX e OMIC