O instituto galego de consumo da Xunta atendeu a 65.000 consumidores, incrementou a súa actividade arbitral nun 141%

27/Xul/2011

O Consello da Xunta vén de dar o seu visto e prace ao informe da Consellería de Economía e Industria sobre a actividade do Instituto Galego de Consumo (IGC), no 2010. Neste ano, o Instituto Galego de Consumo ten adaptado as súas políticas de actuación ás demandas dos consumidores e das organizacións, que acadaron o papel protagonista. Neste exercicio, o IGC atendeu a 65.000 consumidores, incrementou a súa actividade arbitral nun 141% e eliminou 28.000 produtos inseguros do mercado.

Entre os datos máis relevantes, encóntranse os relativos ao arbitraxe de consumo. Dende o comezo da lexislatura deuse resposta ás reclamacións pola vía arbitral, que viñan sufrindo retrasos, nalgúns casos de até dous anos, e no ano 2010, grazas á posta en marcha do plan de choque de arbitraxe que permitiu incrementar o número de laudos arbitrais resoltos nun 141%, pasando de 1.771 a 4.268, o que mellorou considerablemente a resolución das controversias entre consumidores e empresas.

Neste sentido, outro aspecto positivo foi o incremento significativo do número de consultas e asesoramentos, que se alzou nun 35%, rozando os 45.000 e que, en moitos casos, logrou un maior acercamento entre as partes en conflito, logrando solucións satisfactorias para ámbalas dúas partes, sen necesidade de intervir por medio de reclamacións.

Como vén sucedendo ano tras ano, o sector máis sensible para os consumidores galegos, como reflexa o número de consultas e reclamacións, foi o sector servizos e dentro de este, ocupou de novo o primeiro posto, a telefonía, seguida do sector eléctrico e o transporte aéreo.

Mellora na atención ao consumidor


Ademais, hai que ter en conta que grazas a optimización no asesoramento ao consumidor e organizacións e a mellora na atención ao consumidor por parte do IGC, supuxo unhadiminución das reclamacións nun 7,5% con respecto ao 2009, sobre todo no eido do sector eléctrico, xa que neste ámbito foi onde se evitou a presentación dun número significativo de reclamacións (10%). En datos xerais, pódese dicir que ao longo do ano 2010 rexistráronse no Instituto Galego de Consumo un total de 19.834 reclamacións e denuncias presentadas polos consumidores e usuarios.

En relación ao anterior, o sector das telecomunicacións foi novamente, o que máis reclamacións rexistrou ao longo do 2010, posto que máis de sete mil reclamacións ou denuncias foron presentadas por problemas dos usuarios con este servizo. O seguinte sector mais reclamado foi o eléctrico ou electrónico, principalmente por problemas dos consumidores con terminais de telefonía móbil e pequenos electrodomésticos. A enerxía eléctrica, ocupou o terceiro lugar en número de queixas, seguido do sector turístico e de ocio e o transporte, particularmente, o aéreo.

Campaña sobre tarificación eléctrica


Un dos aspectos máis salientables da actividade do IGC, foi a abordaxe da problemática da tarificación eléctrica. Desde a Xunta iniciouse unha campaña de divulgación neste eido, que aínda segue operativa na actualidade, e ven a suplir a falta de información que existía dende a Administración central, sobre unha tarifa eléctrica que beneficia aos consumidores máis vulnerables economicamente.

Esta campaña deu lugar, neste 2011, á conformación do denominado programa “Belenus”, que constitúe unha das actuacións prioritarias do Instituto na actualidade e que ten como obxectivo modificar a normativa sobre tarificación eléctrica, intensificar os controis ás compañías eléctricas e axudar aos consumidores a mellorar a súa información sobre as tarifas eléctricas e evitar posibles abusos por parte das compañías.

A prol dunha maior seguridade no eido do consumo


Por outra banda, neste balance tamén cómpre destacar que un 87% da actividade da inspección de consumo concentrase na detección, retirada e destrución de produtos industriais inseguros no mercado galego. Galicia é a primeira CCAA en notificación deste tipo de produtos no marco da rede de alerta que funciona en España, así os servizos de inspección do IGC retiraron do mercado 22.654 produtos e destruíron 5.333.

Polo que respecta á Escola Galega de Consumo, tras a remodelación profunda levada a cabo no segundo semestre do 2009, e grazas á colaboración recibida polas entidades públicas e privadas, se deu como resultado unha oferta singular e personalizada que permitiu ampliar o seu ámbito de difusión, achegándose máis a sociedade galega e incrementando o número de participantes nas actividades formativas nun 63%, alcanzando a cifra record de 13.494.

 

Área temática

Galería de imaxes