Os rapaces e rapazas participaron nos obradoiros de Consumo responsable no supermercado, Linguaxe publicitaria e Navegando pola rede
26 de Novembro de 2019.-

 

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) recibiu hoxe, 26 de novembro, a visita dos alumnos e alumnas do CEIP de Lourido, de Poio (Pontevedra). Os rapaces e rapazas participaron en varios obradoiros do Programa Cores, sobre consumo responsable, impartidos pola Escola Galega do Consumo. As actividades realizadas foron: Consumo responsable no supermercado, Linguaxe publicitaria e Navegando pola rede.

 

 O Programa Cores é un programa de formación permanente que se desenvolve ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras. Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores).

                                                                                                                                                                    

Para formular calquera dúbida ou cuestión, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999 075 e 881 999 091 ou a través do correo electrónico igc.escuela@xunta.e

Temática:
Outros