O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) realizou hoxe varias actividades sobre consumo responsable no IES Macías Namorado, de Padrón. Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e de FP participaron ao longo da mañá en varios obradoiros sobre compras en Internet, a pirámide dos alimentos e as marcas e o consumo responsable. Ademais, esta tarde tamén se realizou una charla participativa sobre contratación de viaxes e viaxes combinadas para o alumnado de cuarto ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrou na Facultade de Enfermaría.
As actividades, que foron desenvolvidas a través da Escola Galega do Consumo. encádranse dentro do Programa Cores, un programa de formación permanente que se ofrece ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras.
Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores) e, para formular calquera cuestión ou solicitar a inscrición, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999075 e 881 999091 ou a través do correo electrónico: igc.escuela@xunta.es.