O Instituto Galego do Consumo e da Competencia desprázase ao CEIP de Laredo, en Redondela, para desenvolver varios obradoiros do programa InfoNadal Consumo

20/Nov/2019
Santiago de Compostela

O CEIP de Laredo, en Redondela, recibiu hoxe a visita da Escola Galega do Consumo, do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), que desenvolveu varios obradoiros do seu programa InfoNadal Consumo cos nenos e nenas de educación infantil e primaria do centro.

 

No período de Nadal aumenta o nivel de consumo con motivo das celebracións propias destas datas e da compra de agasallos. Para promover a reflexión sobre os hábitos de consumo e fomentar un consumo responsable, a Escola Galega do Consumo ofrece cada ano o  programa InfoNadal Consumo, que abrangue tanto actuacións formativas, que se desenvolven en asociacións e centros escolares, como unha campaña de seguridade de xoguetes e produtos de decoración. Pódese obter máis información sobre InfoNadal Consumo na seguinte ligazón:  https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/infonadalconsumo

 

Para formular calquera cuestión pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999075 e 881 999091 ou a través do correo electrónico: igc.escuela [at] xunta.es (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]es).

 

Área temática

Galería de imaxes