Santiago de Compostela, 3 de Novembro de 2020.-

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) impartirá un curso sobre “Xestión das Reclamacións” que se enmarca dentro da acción formativa incluída no PFCI-2020 (Plan de Formación Continua Interadministrativo do 2020), promovido pola Dirección Xeral de Consumo do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e financiado con cargo aos fondos de formación continua, no marco do “Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP)”.

 

O curso celebrarase os días 16, 17 e 18 de novembro de 2020 en modalidade de telepresenza, debido a situación actual, en horario de 10:00 a 14:00 horas, contando coa colaboración da EGAP para a súa celebración mediante a citada modalidade.

 

Os obxectivos desta formación son coñecer os aspectos a abordar á hora de xestionar as reclamacións existentes; coñecer o alcance dos diversos órganos a xestión de reclamacións; coñecer a existencia de ADRs como elementos para a xestión das reclamacións; así como o uso de ferramentas informáticas na tramitación das reclamacións.

 

Os contidos que se desenvolverán son:

- Aspectos xerais e específicos a considerar á hora de xestionar unha reclamación.

- Normativa para a xestión de reclamacións en sectores regulados.

- Administracións sectoriais na xestión de reclamacións.

- Sistemas extraxudiciais de resolución de conflitos como medio para a xestión e resolución de reclamacións.

- Uso de ferramentas informáticas na xestión de reclamacións.

 

Como poñentes participarán José María Pita Ponte, xefe do servizo de Protección ao consumidor do IGCC e Carmen Nieto Novoa, Xefa de negociado no servizo de Protección ao consumidor do IGCC.

Temática:
Outros