O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) pon a disposición das persoas afectadas polo peche das clínicas Dentix unha guía e formularios de reclamación

15/Dec/2020
Santiago de Compostela

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) pon a disposición das persoas afectadas polo peche das clínicas DENTIX unha guía e formularios para favorecer o procedemento de reclamación.

 

As persoas afectadas poderán consultar a guía na web deste organismo. Pinche aquí.

 

O IGCC lembra que as persoas afectadas deberán comunicar a súa reclamación á administración concursal tendo de prazo ata o 3 de xaneiro de 2021.

 

O IGCC pon  a disposición das persoas afectadas un teléfono  de información gratuíto 900 23 11 23.

Área temática

Galería de imaxes