O Instituto Galego do Consumo e da Competencia imparte varios obradoiros sobre consumo responsable no IES de Catabois, en Ferrol

08/Nov/2019
Santiago de Compostela

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) realizou hoxe varios obradoiros sobre consumo responsable no IES de Catabois, en Ferrol. Nas actividades, desenvolvidas a través da Escola Galega do Consumo, o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do dito centro educativo traballou a etiquetaxe, a publicidade e a resolución de conflitos de consumo.                        

Os obradoiros encádranse dentro do Programa Cores, un programa de formación permanente que se desenvolve ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras.

Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores) e, para formular calquera cuestión ou solicitar a inscrición, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999075 e 881 999091 ou a través do correo electrónico: igc.escuela [at] xunta.es (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]es).

Área temática

Galería de imaxes