É un programa formativo que busca promover a reflexión sobre os hábitos de consumo e fomentar un consumo responsable ante as compras do período de Nadal
Santiago de Compostela, 13 de Novembro de 2019.-

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) realizou hoxe varios obradoiros do seu programa formativo InfoNadal Consumo no IES Augusto Assía, no Concello da Mezquita. As actividades foron desenvolvidas pola Escola Galega do Consumo.

No período de Nadal aumenta o nivel de consumo con motivo das celebracións propias destas datas e da compra de agasallos. Para promover a reflexión sobre os hábitos de consumo e fomentar un consumo responsable, a Escola Galega do Consumo ofrece cada ano o  programa InfoNadal Consumo, que abrangue tanto actuacións formativas, que se desenvolven en asociacións e centros escolares, como unha campaña de seguridade de xoguetes e produtos de decoración. Debido á grande acollida que recibiu esta edición do programa, que leva por lema: "Este Nadal, menos é mais. Por un consumo responsable", adiantouse o seu comezo á semana pasada e xa son máis de 3.700 as persoas inscritas para participar nas actividades, que se desenvolverán ata finais de decembro.

Pódese obter máis información sobre InfoNadal Consumo na seguinte ligazón:   https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/infonadalconsumo

Nesta ligazón pódese descargar o folleto informativo do programa: https://consumo.xunta.gal/sites/default/files/public/actividade/doc/1572...

Temática:
Outros