Alumnos e alumnas de 4º da ESO e de FP participaron en varios obradoiros sobre consumo responsable no supermercado, publicidade no punto de venda, compras en Internet e resolución de conflitos de consumo.
Santiago de Compostela, 11 de Novembro de 2019.-

O alumnado do IES Ricardo Mella, de Vigo, visitou hoxe as instalacións do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC). Os alumnos e alumnas de 4º da ESO e FP realizaron hoxe varios obradoiros sobre consumo responsable no supermercado, publicidade no punto de venda, compras en Internet e resolución de conflitos de consumo. As actividades, que se desenvolveron na Escola Galega do Consumo, encádranse dentro do Programa Cores, un programa de formación permanente que se desenvolve ao longo de todo o ano cubrindo diferentes temáticas relacionadas co consumo responsable e os dereitos das persoas consumidoras.

 Para obter información (ou solicitar) as actividades do Programa Cores da Escola Galega do Consumo pódese consultar o apartado de formación da páxina web do IGCC  (https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/programa-cores) e, para formular calquera cuestión ou solicitar a inscrición, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999075 e 881 999091 ou a través do correo electrónico: igc.escuela@xunta.es

Temática:
Outros