O Instituto Galego do Consumo e da Competencia visita o CEIP Baíñas, de Vimianzo

14/Nov/2019
Santiago de Compostela

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) visitou hoxe o CEIP Baíñas, en Vimianzo, e realizou coas alumnas e alumnos do centro varios obradoiros do seu programa formativo InfoNadal Consumo. As actividades (“Pido, pido...con sentido!”, para nenos e nenas de 3 a 7 anos, e “Publicidade e agasallos, que pido este ano?”, para rapazas e rapaces de entre 8 e 12) foron desenvolvidas pola Escola Galega do Consumo.

 

No período de Nadal aumenta o nivel de consumo con motivo das celebracións propias destas datas e da compra de agasallos. Para promover a reflexión sobre os hábitos de consumo e fomentar un consumo responsable, a Escola Galega do Consumo ofrece cada ano o  programa InfoNadal Consumo, que abrangue tanto actuacións formativas, que se desenvolven en asociacións e centros escolares, como unha campaña de seguridade de xoguetes e produtos de decoración. Debido á grande acollida que recibiu esta edición do programa, que leva por lema: "Este Nadal, menos é mais. Por un consumo responsable", adiantouse o seu comezo á semana pasada e xa son máis de 3.700 as persoas inscritas para participar nas actividades, que se desenvolverán ata finais de decembro.

 

Pódese obter máis información sobre InfoNadal Consumo na seguinte ligazón:  https://consumo.xunta.gal/gl/formacion/actividades/infonadalconsumo

Nesta ligazón pódese descargar o folleto informativo do programa

 

Para formular calquera dúbida ou cuestión, pódese tamén contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881 999 075 e 881 999 091 ou a través do correo electrónico igc.escuela [at] xunta.es (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]es)

Área temática

Galería de imaxes