Los asistentes pudieron resolver sus cuestiones al respeto y conocer diferentes medidas para reducir el consumo energético.
A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, abriu unha xornada na que se presentou o simulador eléctrico do IGC, que permite aos usuarios obter información sobre os diferentes elementos da factura eléctrica.
A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, abriu unha xornada na que se presentou o simulador eléctrico do IGC, que permite aos usuarios obter información sobre os diferentes elementos da factura eléctrica.
Os asistentes puideron resolver as súas cuestións ao respecto e coñecer diferentes medidas para reducir o consumo enerxético.
Ferrol, 19 de Marzo de 2014.-

A directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez Abeal, abriu esta tarde en Ferrol unha xornada informativa dentro da campaña Dálle luz á túa factura, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización coa que a Consellería de Economía e Industria persegue facer máis compresible a factura da luz resolvendo as dúbidas da cidadanía e fomentando, ao mesmo tempo, o aforro enerxético.

No encontro, no que participaron a Asociación de Consumidores de Ferrol "San Julián" e a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ferrol, os asistentes tiveron a ocasión de coñecer o simulador eléctrico, unha aplicación dispoñible na web do Instituto Galego de Consumo que permite aos usuarios obter información sobre cada un dos elementos que conforman a factura eléctrica, personalizala e adaptala ao seu caso concreto recomendando unha potencia a contratar. Esta ferramenta desglosa, tamén, o consumo do fogar, determinando o equipamento eléctrico co que conta a vivenda e as posibilidades de optimizar o seu consumo.

Os participantes na xornada celebrada en Ferrol puideron consultar as súas dúbidas a respecto da factura eléctrica e resolver diferentes casos prácticos, así como obter información sobre as distintas vías para darlle solución ás súas reclamacións. Ademais, recibiron consellos de técnicos do Inega sobre como reducir o consumo de enerxía no fogar.

A oficina do Instituto Galego de Consumo en Ferrol tramitou no 2013 máis de 220 reclamacións no eido da enerxía eléctrica, das cales máis do 80% xa foron resoltas de xeito favorable para o consumidor. Isto deixa de relevo, tal e como salientou Sol Vázquez, non só a necesidade de campañas como Dálle luz á túa factura, senón tamén a importante labor que desenvolve o IGC na resolución extraxudicial de conflitos.

No marco desta iniciativa, a Consellería de Economía e Industria está a facilitar xa formación específica para o persoal de 29 asociacións de consumidores de toda Galicia, co obxectivo de que poidan levar a cabo o programa no seu ámbito de actuación. Esta formación estenderase nas próximas semanas aos técnicos de consumo dos concellos galegos que estean interesados.

Así mesmo, a Escola Galega de Consumo, que o ano pasado atendeu a máis de 8.000 usuarios, está a poñer en marcha obradoiros prácticos para usuarios de asociacións de persoas maiores ou con discapacidade, e o simulador eléctrico vaise incorporar á programación anual da rede de centros para a modernización e innovación tecnolóxica da AMTEGA.

Temática:
SubministrosElectricidade