Recomendacións do Instituto Galego de Consumo para o Entroido

11/Feb/2010

De cara á celebración do Entroido, o Instituto Galego de Consumo quere


recomendar aos consumidores que tomen precaucións á hora de adquirir e de


utilizar os produtos que soen utilizarse nestas festas, como medida de


prevención de accidentes que poden provocar artigos como as máscaras, os


disfraces, etc.


Aos efectos das condicións de seguridade, os disfraces para nenos teñen a


consideración de xoguetes e han de cumprir cos requisitos de seguridade e as


normas específicas que se apliquen en función do xoguete: cumprimento das


propiedades mecánicas e físicas (pezas pequenas), de superficie de ventilación


ou de inflamabilidade. Polo tanto, deben incluír as seguintes indicacións:


o O marcado CE, que significa que o xoguete marcado cumpre


coas esixencias esenciais de seguridade previstas nas normas


comunitarias.


o O nome e a marca do produto.


o A razón social e o enderezo do fabricante ou importador.


o As instrucións e advertencias de uso.


Doutra banda, ao tratarse de produtos téxtiles, debe comprobar que na


etiquetaxe se inclúa a seguinte información:


o O nome, o enderezo e o NIF do fabricante, comerciante ou


importador.


o Nos produtos fabricados no Estado español debe constar o


número de rexistro industrial do fabricante.


o Os produtos importados de fóra da Unión Europea deben incluír o


número de identificación fiscal do importador.


o Nos artigos de confección e de punto téxtil (algodón, la, etc), ten


que constar a composición del produto.


Recoméndase comprar disfraces que inclúan na etiquetaxe as indicacións de


conservación, para seguir as instrucións de lavado e mantemento correctas.


Os disfraces que podan resultar perigosos para nenos menores de tres años


deben levar una advertencia, como a inscrición Non é conveniente para nenos


menores de trinta e seis meses (ou 3 anos) ou o símbolo de limitación 0-3:


Esta advertencia completarase mediante unha indicación concisa, que tamén


pode figurar nas instrucións de uso, onde se explique o risco específico que


motiva a dita exclusión.


A normativa de seguridade non permite que os disfraces destinados a nenos de


idades ata os sete anos presenten cordas axustables, cordóns funcionais ou


decorativos na zona da cabeza ou do pescozo.





Os riscos que con maior frecuencia presentan os disfraces son queimaduras e


asfixia ou estrangulamento.


No caso das máscaras, é moi importante que se vixíe que nela haxa


suficientes buratos de ventilación e que estes se adecúen á idade da persoa


que vaia usala. As máscaras fabricadas cun material impermeable deberán


dispor dun área de ventilación, como mínimo de 1.300 milímetros cadrados.


Esta área pode distribuírse nun só orificio (por exemplo: boca) ou en varios


separados (ollos); neste caso, a separación debe ser alomenos de 150 mm.


Se se compran cosméticos, deberase vixiar que na etiquetaxe se indique,


como mínimo, o nome do produto, o do responsable (ou fabricante ou


importador, incluído o seu enderezo), a data mínima de caducidade, o número


de lote e os compoñentes.


Como en calquera outra compra, o IGC recomenda que se sigan os seguintes


consellos:


Debemos esixir e conservar o tique de compra ou a factura, xa que é o


seu comprobante de garantía e será imprescindible á hora de calquera


reclamación.


Tamén se deben conservar os catálogos comerciais e a publicidade do


produto na que se definan as súas características. Cando detectemos


defectos no produto, debemos dirixirnos ao establecemento onde o


adquirimos e achegar o tique ou a factura de compra.


Ler detidamente as etiquetas, as instrucións de uso e as características


do produto. Os produtos deben estar etiquetados en galego e/ou


castelán.


Preguntar ao comerciante pola posibilidade de cambiar o produto. O


establecemento non ten a obriga de cambiar un produto que estea en


perfecto estado, a menos que así o anunciara.


Os establecementos comerciais deben exhibir de forma clara o prezo de


venda ao público co IVE incluído dos seus produtos expostos para a


venda. Os artigos expostos nos escaparates teñen que levar indicado o


prezo de xeito que resulte visible dende o exterior. Por outra parte os


comerciantes están obrigados a informarnos sobre os medios de pago


admitidos.


Reclamemos cando teñamos problemas que afectan á seguridade ou á


nosa economía como consumidores. Todos os comercios deben


dispoñer de follas oficiais de reclamación/denuncia.


É unha garantía escoller una empresa adherida ao sistema arbitral de


consumo.


Malia todo a anterior, non sempre se poden eliminar todos os riscos cando un


neno manipula un disfrace, unha máscara, etc. Hai que educar os nenos e


nenas na prudencia e a seguridade para que non se expoñan a ningún perigo


pola súa propia actuación e saiban evitalos se estes aparecen. Pola súa banda,


os pais deben ter en conta, máis ca en ningún outro caso, as necesidades e


capacidades do neno para elixir o mellor disfrace e adaptalo sen riscos. Por


último tamén deben de verificar e consultar todos os indicadores de





seguridade. Hai que contrastar a información que temos coa que está indicada


no envase e verificar o contido.


Con todo, entre os cometidos do Instituto Galego de Consumo está a


investigación para detectar produtos que poidan presentar algún risco para os


usuarios. A importancia que se lle concede a este obxectivo queda ben patente


no feito que é a nosa Comunidade Autónoma a única que conta cun laboratorio


público propio, o Laboratorio Galego de Consumo, no que se analizan e


controlan os tipos máis habituais dos produtos industriais: xoguetes e material


escolar, fibras e produtos téxtiles, produtos químicos, material eléctrico,


pequenos electrodomésticos, etc.


Froito desta labor de investigación, Galicia atópase entre as Comunidades


Autónomas que máis produtos inseguros localiza e, polo tanto, notifica á rede


de alerta de produtos non alimenticios, coñecida como SIRI (rede que á súa


vez se integra noutra homóloga a nivel europeo, RAPEX) para que sexan


retirados do mercado. En concreto, no caso dos produtos dos que estamos a


falar, nomeadamente os disfraces e as máscaras, dende o IGC incluíronse só


no ano 2009 16 artigos na rede SIRI que, polo tanto, xa non se atopan á venda,


e nestes momentos estase a realizar unha campaña especial de control destes


produtos, na que tamén se incluíron actuacións con tomas de mostras para a


súa avaliación no laboratorio.

Área temática

Galería de imaxes